sábado, 26 de junho de 2010

Cristiano Ronaldo



Cristiano Ronaldo é un futbolista portugués, natural da Illa de Madeira, mais concretamente da freguesía de Santo António no Funchal. O seu nome foi unha homenaxe de seu pai a Ronald Reagan. Fai publicidade para diversas marcas coma Nike, Suzuki, Pepe Jeans e Banco Espírito Santo. Na tempada 2009/2010 militaba nas filas no Real Madrid, da primeira división da Liga Española.
Cristiano Ronaldo destacou especialmente no Mundial 2006 en Alemaña onde foi unha das figuras da selección portuguesa que acabou o cuarto posto, a melhor clasificación dende 1966 onde tamén acadaron dita posición, daquela con Eusébio coma estrela da escadra.
No galardón se outorga ó mellor xogador xove da competición ficou na segunda praza, só por tras do xermano Lucas Podolski.
Tamén participou na Eurocopa de 2004 en Portugal máis a sua presenza no once portugués non foi tanta coma no Mundial. O equipo luso rematou subcampión tras perder na final contra Grecia.
Carreira
* 1992 - 1995: Futebol Clube de Andorinha (Portugal/Madeira)
* 1995 - 1997: Clube Desportivo Nacional (Portugal/Madeira)
* 1997 - 2003: Sporting Clube de Portugal (Portugal)
* 2003 - 2009: Manchester united (Inglaterra)
* 2009 - : Real Madrid
Fonte: Wikipedia

Nenhum comentário:

Postar um comentário